• Cambio do idioma:
Pulse e manteña durante 3 segundos a tecla "Modo". O reloxo anunciará a hora no
idioma configurado. Pulse de novo a tecla "Modo". O reloxo anunciará a hora no
seguinte idioma dispoñible. Vaia pulsando a tecla "Modo" ata que o reloxo anuncie a
hora no idioma desexado.
• Configuración da hora:
Pulse a tecla "Modo" ata que o reloxo anuncie "configuración da hora". Pulse as teclas
"Hora" e "Minuto" para configurar a hora actual.
• Configuración da hora de alarma:
Pulse a tecla "Modo" ata que o reloxo anuncie "configuración da alarma". Pulse as
teclas "Hora" e "Minuto" para fixar a hora de alarma.
• Repetición da alarma:
Cando se active a alarma, esta deterase automaticamente transcorrido un minuto. Para
deter a alarma antes, pulse calquera das teclas "Hora" ou "Minuto" e quedará
interrompida de forma definitiva. Se pulsa a tecla "Falar", o reloxo anunciará a hora e
deterá a alarma durante 5 minutos. Transcorrido este tempo, volverá soar.
• Selección do son de alarma (e activación e desactivación da alarma):
Co reloxo en modo "indicación da hora", pulse a tecla "Hora". O reloxo irá cambiando
de forma secuencial o son da alarma: bip>cu-cú>galo>alarma desactivada.
• Aviso horario (campaíña das horas):
Co reloxo en modo "indicación da hora", pulse a tecla "Minuto" para seleccionar
campaíña das horas activada ou desactivada.