Descargar Imprimir esta página

IKEA BEJUBLAD Manual Del Usuario página 47

Ocultar thumbs Ver también para BEJUBLAD:

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

GALICIAN
Información xeral
Uso
• Apague ou desconecte o aparello da fonte
de alimentación antes de realizar calquera
operación de limpeza ou mantemento.
• La campá non debe empregarse como
superficie de apoio.
• A campá extractora foi deseñada
exclusivamente para a eliminación de
cheiros de cociña no uso doméstico.
• Nunca utilice a campá extractora para
outros fins que non sexan aqueles os que
foi deseñada.
• Nunca deixe chamas altas baixo a campá
extractora cando estea en funcionamento.
• Regule a intensidade da chama para dirixila
exclusivamente cara ao fondo do
recipiente de cocción, procurando que non
se enrole polos lados.
• As frixideira deben vixiarse
constantemente durante o seu uso xa que
o aceite moi quente pode incendiarse.
Modalidade de instalación
A campá foi deseñada para a súa instalación
e uso na «versión de aspiración» ou na
«versión de recirculación de aire».
Versión de aspiración (véxase o
símbolo nas instrucións de instalación)
O vapor de cocción é aspirado e transportado
fóra da casa a través dun tubo de escape (non
subministrado) instalado na saída de vapor
da campá. Asegúrese de que o tubo de
escape está instalado correctamente na saída
de aire, empregando un sistema de conexión
adecuado.
Versión de recirculación de aire
(véxase o símbolo nas instrucións de
instalación)
O aire fíltrase a través dun ou máis filtros e
despois lévase de novo á sala.
Importante: Asegúrese de que haxa unha
correcta circulación do aire arredor da
campá.
Importante: Se a campá non se subministra
con filtros de carbón, estes deben ser
solicitados e instalados antes de utilizar o
aparello. Os filtros comercialízanse no
mercado.
A campá debe instalarse lonxe de zonas
especialmente sucias, fiestras, portas e fontes
de calor. Non se inclúen accesorios de
fixación á parede xa que varían segundo o
material da parede. Empregue sistemas de
fixación axeitados ás paredes da súa casa e
ao peso do electrodoméstico. Para ampliar a
información, contacte cun distribuidor
especializado. Conserve estas instrucións
para futuras consultas.
47

Publicidad

loading