All manuals and user guides at all-guides.com
Manual de instrucións
Moi importante: Le integramente este manual antes de utiliza-lo teu frigorífi co.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos correspondentes.
0
Identifi cación
Identifi ca o modelo do teu frigorífi co ("a", "b",
"c", "d") Comparando o panel de mandos coas
ilustracións.
1
Instalación
1.1 Desembalaxe. Retira tódolos elementos de
protección.
1.2 Ubicación. Coloca o frigorífi co lonxe de
fontes de calor e protexido de raios directos
do sol para diminuí-lo consumo.
Non instále-lo frigorífi co ó aire libre nin
exposto á choiva.
O aire debe circular pola parte traseira do
frigorífi co. Deixa 25 mm entre o fondo do
frigorífi co e a parede. Non tápe-lo espazo
existente entre o teu frigorífi co e o chan ou o
teito con ningún obxecto.
Nivela o frigorífi co para evitar vibracións e
ruídos. Ten en conta que, se o frigorífi co está
situado onda a parede ou algún armario,
pode producir pequenos ruídos.
Así mesmo, comproba que as bandexas
estean colocadas correctamente e coloca
os recipientes separados entre sí para evitar
vibracións.
1.3 Conexión á rede eléctrica. Deixa
repousa-lo frigorífi co durante, polo menos,
2 horas en posición vertical antes de
conectalo. Comproba os datos da placa de
características (220-240 V con toma de terra)
(1.3.1, 1.3.2).
No uses adaptadores nin prolongadores.
Evita que o cable estea en contacto co
motor ou atrapado baixo o mesmo.
1.4 Cambio de sentido de apertura da porta.
Desconecta o frigorífi co da rede eléctrica e
baleira o contido da contraporta.
Retira a cuberta da bisagra superior cun
desaparafusador de punta plana (1.4.1).
Solta os parafusos e extrae a bisagra
e a cápsula de xiro axudándote co
desaparafusador (1.4.2).
Desenchufa presionando a pestana
do conector (1.4.3). Retira a porta do
refrixerador (1.4.4). Extrae o portamandos
facendo panca nas amosegas destinadas
para iso coa axuda dun desaparafusador
(1.4.5).
Fai unha amosega para o cable no lado
contrario, na zona indicada na carcasa
(1.4.6). Monta de novo o portamandos
pasando o cable pola amosega realizada
(1.4.7).
Retira a cuberta dos parafusos da bisagra
central, solta os parafusos e retira a bisagra
(1.4.8). Despraza a porta do conxelador cara
arriba (1.4.9).
Solta os parafusos da bisagra inferior e
retíraa. Cambia a posición do eixo na bisagra
e colócaa no lado oposto (1.4.10).
Coloca o tirador inferior do conxelador na
porta do refrixerador e o tirador inferior do
refrixerador na do conxelador, xirados 180º.
Coloca os tiradores verticais no seu lado
oposto xirándoos 180º (1.4.11).
Xira os autopeches e coloca o do refrixerador
no conxelador e viceversa (1.4.12).
Coloca a porta do conxelador (1.4.13) e
aparafusa a bisagra central (1.4.14). Coloca
a porta do refrixerador (1.4.15).
Coloca a cápsula de peche no espazo da
bisagra superior do lado oposto (1.4.16).
Introduce o cable pola bisagra superior e a
cápsula de xiro e enchúfao ó conector da
porta (1.4.17).
Aparafusa a bisagra superior (1.4.18) e
coloca a cuberta (1.4.19).
g a l e g o
49