3.4 Limpeza dos cristais.
Limpeza exterior: Utiliza un trapo suave
empapado con produto limpacristais.
Limpeza interior: Se o interior dos cristais
está sucio, podes desmontalos para a súa
limpeza.
Cando o forno estea frío, abre a porta
completamente (3.4.1) e fíxaa co tope
vermello que se fornece na bolsiña de
accesorios (3.4.2). Introduce o accesorio
restante de chapa nun lado do cristal para
levantar o cristal facendo panca. Facer o
mesmo no outro lado do cristal. Retira o
tope vermello e pecha a porta. (3.4.3). Retira
o cristal (3.4.4), límpao e sécao cun pano
(3.4.5). Se é necesario retira o conxunto de
cristais interiores da porta. Este conxunto
pode estar formado por un ou dous cristais,
segundo o modelo, cun tope negro en cada
esquina. Para extraelos introduce a man
pola parte inferior da porta e tira cara arriba
(3.4.6). Unha vez extraídos retira os topes
para limpar os cristais (3.4.7).
Cando os cristais estean limpos (3.4.8), volve
a encaixalos nos topes de goma, co pitón
cara arriba (3.4.9) e coloca os cristais de
forma que "L" esquerda e "R" dereita queden
ao lado das bisagras (3.4.10). Para terminar
coloca o cristal restante de forma que leas a
palabra PYROLYTIC (3.4.11). Retira os topes
(3.4.12) e pecha a porta.
Advertencias de uso:
• Asegúrate de que o forno está apagado.
• Antes de soltar o cristal, deixa que
arrefeza.
• Nunca utilices máquinas de limpeza a
vapor.
3.5 Limpeza exterior do forno. Usa produtos
neutros. Sécao ben cun pano suave.
4
Solución de
problemas
Hai unha serie de incidencias que podes
solucionar ti mesmo.
4.1 O forno non quenta. Comproba se está
conectado ou o fusible non está fundido.
Incrementa a temperatura seleccionada.
4.2 A luz interior non funciona. Cambia a
lámpada ou cambia o fusible.
74
4.3 Sae fume durante a cocción. Reduce a
temperatura e/ou limpa o forno.
4.4 A limpeza por pirólise non se realiza.
Comproba que a porta está ben pechada.
Fallo do sistema de bloqueo ou sensor de
temperatura. Chama o servizo técnico.
4.5 O forno emite un asubío. Alcanzouse a
temperatura de elección. O ciclo de cocción
está fi nalizado.
4.6 Fai ruído despois da cocción. É normal, o
ventilador segue funcionando ata reducir a
temperatura do interior e a do exterior.
4.7 Avisos de incidencias.
Fallo do sensor de temperatura.
Non manipules o forno. Para reparalo,
chama o servizo técnico.
5
Medio ambiente
O forno foi deseñado pensando na
conservación do medio ambiente.
Respecta o medio ambiente. Prequenta o
forno só cando faga falla (consulta a táboa). Usa
preferentemente moldes de cor escura. Para
longos períodos de forneado desconecta o forno
5 ou 10 minutos antes do tempo previsto.
Xestión de residuos de aparellos eléctricos e
electrónicos.
O símbolo
indica que o aparato non se debe
eliminar utilizando os contedores tradicionais para
residuos domésticos.
Entrega o teu forno nun centro especial de
recolla.
A reciclaxe de electrodomésticos evita
consecuencias negativas para a saúde, o medio
ambiente e permite aforrar enerxía e recursos.
Para máis información, contacta coas
autoridades locais ou establecemento onde
adquiriches o forno.
g a l e g o