Descargar Imprimir esta página

IKEA BRANDBO Instrucciones página 68

Ocultar thumbs Ver también para BRANDBO:

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

GALICIAN
Se o aparello se instala detrás dun panel
dun moble (por exemplo, unha porta),
asegúrate de que a porta nunca estea
pechada mentres funciona o aparello. A
calor e a humidade poden acumularse
detrás dun panel do armario pechado e
provocar danos ao aparello, o aloxamento
ou o chan. Non peches o panel do
armario ata que o aparello arrefríe
completamente despois de usarse.
Mantemento e limpeza
ADVERTENCIA! Existe risco de
lesións, incendios ou danos ao
aparello.
Antes de proceder co mantemento,
apaga o aparello e desconecta o enchufe
da rede.
Asegúrate de que o aparello estea frío. Os
paneis de vidro poden romper.
Cambia inmediatamente os paneis de
vidro da porta que estean danados.
Contacta co servizo técnico autorizado.
Ten coidado ao desmontar a porta do
aparello. A porta é moi pesada!
Limpa periodicamente o aparello
para evitar o deterioro do material da
superficie.
Os restos de comida ou graxa no interior
do aparello poderían provocar un
incendio.
Se utilizas aerosois de limpeza para
fornos, sigue as instrucións do envase.
Iluminación interna
ADVERTENCIA! Risco de descarga
eléctrica.
No que respecta á(s) lámpada(s) deste
produto e as de reposto vendidas
por separado: estas lámpadas están
Instalación
ADVERTENCIA! Consulta os
capítulos sobre seguridade.
destinadas a soportar condicións físicas
extremas nos aparellos domésticos, como
a temperatura, a vibración e a humidade,
ou están destinadas a sinalar información
sobre o estado de funcionamento do
aparello. Non se deben utilizar noutras
aplicacións e non son axeitadas para
iluminar estancias domésticas.
Este produto contén unha fonte luminosa
da clase de eficiencia enerxética G.
Utiliza unicamente lámpadas das mesmas
características .
Asistencia técnica
Para reparar o aparello, contacta co
centro de servizo autorizado.
Utiliza soamente pezas de recambio
orixinais.
Eliminación
ADVERTENCIA! Existe risco de lesións
ou asfixia.
Desconecta o aparello da rede.
Corta o cable eléctrico preto do aparello
e desbótao.
Retira a porta para evitar que os nenos
e as mascotas queden encerrados no
aparello.
Materiais de embalaxe:
Todo o material de embalaxe é reciclable.
As pezas de plástico están identificadas
con abreviaturas internacionais, como PE,
PS, etc.
Desbota o material de embalaxe nos
contedores destinados a tal fin polos
servizos de limpeza.
Montaxe
Consulta as instrucións de montaxe
para a instalación.
65

Publicidad

loading