Seivane Manual De Instrucciones página 12

Tabla de contenido

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

• Se a válvula do soprete deixa de ser efectiva, debe ser substituída por un recambio. Retire o cravo que
suxeita esta con axuda duns alicates ou tenaces e desbote a defectuosa. O soporte do cravo debe exercer
a mínima presión sobre a válvula. Se dispón do novo sistema Seipón, pode substituír a válvula antiga
polo recambio, e neste caso será suficiente atala cun fío, sen exercer moita presión.
• É conveniente levar a cabo unha práctica moi saudable para o instrumento: cada vez que remate de usar
a gaita, retire o soprete da buxa e sacuda enerxicamente a humidade que queda retida na válvula. É
mellor non colocar o soprete ata que volva utilizar o instrumento, deste xeito, o aire húmido que per-
manece no fol, ten unha vía de escape máis efectiva alongando a vida útil das voces e os tubos sonoros
á vez que a da mesma válvula.
• As cortizas deben ser lubricadas lixeiramente, non se debe abusar,
con sebo de año ou cabrito ou tamén coa graxa especial Seibo que
se subministra. Sexa especialmente moderado nas que van en
contacto coas buxas do ronco e ronqueta, para evitar que xiren
cando se afina. Se, por algunha razón, algún espigo da gaita que-
dase excesivamente apertado no seu oco, suxeite unha peza con
cada man (non use ferramentas que poidan marcar a madeira) e
xíreas en sentidos opostos á vez que imprime lixeiros movemen-
tos de vaivén coma se fose a destapar unha botella de cava. As
cortizas que selan as unións das diferentes partes da gaita, teñen
unha vida limitada. Se se afrouxan, rompen ou despegan, envol-
velas provisionalmente con fío ata que envíe o instrumento ao
Obradoiro de Gaitas Seivane para substituílas por outras novas.
• Unha correcta colocación da gaita favorece a comodidade do gai-
teiro, o control e dominio do fol e tamén a estética.
• A gaita debe ser utilizada e mantida con certa regularidade xa
que, como calquera instrumento de vento–madeira, alcanza a súa
plenitude sonora tras un período de uso.
12
Colocación correcta da gaita

Publicidad

Tabla de contenido
loading

Tabla de contenido