Seivane Manual De Instrucciones página 15

Tabla de contenido

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

Ronco
O ronco componse de tres partes (prima, segunda e copa) enlazadas entre si polos espigos, que serven á
vez para afinalo. Proporciona unha nota pedal grave e constante (dúas oitavas por debaixo da tónica do
punteiro), que apoia harmonicamente á melodía. A súa fonte sonora é un pallón: pequeno tubo cunha
lámina vibrante simple.
Ronqueta
A ronqueta consta de dúas partes e, ao igual que o ronco, emite
unha nota continua pero esta vez unha oitava por debaixo da tónica
do punteiro. Tamén ten un pallón como fonte sonora.
A ronqueta pode levar unha chave para abrir ou pechar o paso do
aire (cortar o son).
Chión
O chión tradicional leva, como fonte sonora unha palleta de lámina dobre igual á do punteiro. Emite a
nota dominante ao unísono con este último polo que, ao estar unha quinta por enriba da tónica, resulta
de gran valor harmónico nalgunhas melodías. Caracterízase fundamentalmente pola intensidade do seu
son enxebre e polas disonancias coas notas próximas, especialmente coa sexta menor. Pode dar a sensa-
ción de que están a soar dúas gaitas a dúo, sobre todo en espazos abertos.
Despois dun proceso de estudo e investigación, o Obradoiro de Gaitas Seivane comercializa dende a
década dos 80, o máis recente chión de pallón que, como o seu nome indica, utiliza un pequeno pallón
como fonte sonora. As súas características físicas e acústicas son distintas, con respecto ao de palleta, a
pesar de que tamén emite a dominante do punteiro, se ben unha oitava máis grave. Desta forma, as diso-
nancias redúcense ao mínimo ou deixan de existir. O seu volume é moito máis suave e melódico, e a súa
relación coa tónica do punteiro é distinta: unha cuarta xusta descendente.
15

Publicidad

Tabla de contenido
loading

Tabla de contenido