Dispensador De Auga - Brandt BFL85BARX Manual De Instrucciones

Tabla de contenido

Publicidad

Idiomas disponibles
  • MX

Idiomas disponibles

  • MEXICANO, página 1

Dispensador de auga

Moi importante: Le integramente este manual antes de utiliza-lo dispensador de auga.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos correspondentes.
O dispensador de auga é un sistema que permite
servir bebidas frías en calquera momento do día sen
necesidade de abri-la porta do frigorífi co. Este sistema
non require toma de auga.
Antes de utilizar por primeira vez o dispensador de auga,
é recomendable realizar unha limpeza do circuíto e os
seus compoñentes (ver punto 2).
1
Uso
1.1 Compoñentes. O dispensador de auga está
composto por: (interior) 1. tapa, 2. fi ltro, 3. portafi ltro,
4. válvula, 5. depósito. (exterior) 6. dispensador, 7.
soporte antigotas.
Enchido do depósito
1.2 Auga embotellada. Non é necesario o uso do
fi ltro, polo que podes retira-lo portafi ltros. Abre a
trampiña superior (1.2.1) e enche (1.2.2).
1.3 Auga corrente. É recomendable a utilización
do fi ltro para auga corrente. Extrae o depósito do
frigorífi co (1.3.1). Se non hai colocado un fi ltro,
retira a tapa superior (1.3.2) e introduce un fi ltro no
portafi ltros (1.3.3). Enche de auga corrente (1.3.4)
e espera a que a auga pase integramente polo
fi ltro (1.3.5). Unha vez fi ltrada, enche o depósito
completamente (1.3.6), pon a tapa superior (1.3.7)
e coloca o depósito no frigorífi co tendo coidado de
situa-la válvula correctamente (1.3.8). Tamén podes
enche-lo depósito sen extraelo coa axuda dunha
xerra ou botella.
Sírvete auga fría
1.4 Auga fría sempre a punto. Preme cun vaso ou
copa a panca dispensadora no exterior do frigorífi co,
coidando que o vaso estea ben colocado. Unha vez
servida a cantidade desexada, mantén o vaso uns
segundos sen premer para evitar goteos.
2
Mantemento e
limpeza
Recoméndase limpa-lo dispensador e os seus
compoñentes periodicamente.
2.1 Limpeza do soporte antigotas. Retira o soporte
tirando cara a fóra. Límpao con auga e deterxente.
Coloca de novo o soporte.
2.2 Limpeza do circuíto. Enche o depósito con
auga quente e vinagre branco e baléirao utilizando
a panca dispensadora. Aclara enchendo o depósito
20
con auga limpa e baléirao utilizando a panca
dispensadora.
2.3 Limpeza do depósito. Retira o depósito do
frigorífi co e limpa os seus compoñentes con auga e
deterxente. Aclárao con auga abundante.
Non mólle-lo fi ltro, xa que perderá tódalas súas
propiedades.
2.4 Limpeza da válvula. Extrae a válvula do interior
do depósito empurrando cara abaixo e xirando á
dereita (2.4.1). Lava a válvula e o resorte cun cepillo
fl exible utilizando unha mestura quente de auga e
vinagre (2.4.2). Vólveo a colocar na súa posición.
Os accesorios non son aptos para lavalouzas.
3
Diagnósticos
Non sae auga. Comproba que o depósito está cheo
e correctamente colocado na súa posición.
Fuga de auga no interior do frigorífi co.
Comproba que o depósito está correctamente
colocado.
O depósito non sae. Tira cara arriba cun
movemento de balanceo de dereita a esquerda.
Perda de auga na válvula do depósito. Comproba
que a válvula está correctamente encaixada no seu
sitio.
Inserción difícil do depósito. Humedece con auga
a xunta de estanquidade do depósito (1.3.8).
4
Seguridade
Non utilíce-lo teu dispensador con bebidas gasosas ou
que teñan moito azucre. Poderían dana-lo sistema e
producir un problema de hixiene.
Se utilíza-lo teu dispensador con auga corrente ou como
dispensador de infusións, é aconsellable o uso dun fi ltro
e realizar limpezas de forma frecuente.
Se usas auga embotellada, non é necesario o fi ltro.
Os fi ltros subminístranse por separado no seu Servizo
Postvenda ou nunha distribuidora autorizada da marca
Clearit.
O fi ltro débese cambiar despois de 1 mes de uso.
Manten os fi ltros esgotados e os recambios fóra do
alcance dos nenos; inxerilo en grandes cantidades pode
ser perigoso.
g a l e g o

Publicidad

Tabla de contenido
loading

Este manual también es adecuado para:

Cen28731Bfc1320owBfl85bar

Tabla de contenido