Descargar Imprimir esta página

IKEA VAPPEBY Manual Del Usuario página 26

Ocultar thumbs Ver también para VAPPEBY:

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

Como utilizar Spotify TapTm
Spotify TapTm permite continuar ou cambiar a música
directamente desde o altofalante Bluetooth con só premer
un botón.
Cando tiveres un dispositivo con iOS:
Entra na App Store e descarga a aplicación de Spotify.
Poderás crear unha conta ou iniciar sesión se xa tiveres
unha.
Se tiveres un dispositivo con Android:
Entra en Google Play e descarga a aplicación de Spotify.
Poderás crear unha conta ou iniciar sesión se xa tiveres
unha.
Primeiro uso
1. Asegúrate de o teu dispositivo estar acoplado aos
altofalantes VAPPEBY por Bluetooth.
2. Asegúrate de a aplicación para móbil de Spotify está
aberta. Isto só haberá que facelo a primeira vez que se
usa.
3. Preme o botón de acendido (3) para reproducir a música.
O indicador LED iluminarase dúas veces.
A partir de agora, cando premas o botón de acendido (3),
a música continuará onde quedou e cando o dispositivo
estea acoplado e ao alcance.
Outros axustes:
Desacoplar
dispositivos
Bluetooth
Configurar un
aparello de son
Activar/desactivar
o apagado
automático
Restablecemento
dos valores de
fábrica
26
Mantén premido o botón de acoplamento Bluetooth (4) durante ≥1,5 s. O altofalante
liberará a conexión Bluetooth do teléfono e comezará a buscar outro dispositivo ao que
acoplarse. A LED deixará de estar fixa e comezará a ser escintilar.
Podes acoplar dous altofalantes VAPPEBY 20 gen3 idénticos para gozar de mellor son.
Nesta configuración, un altofalante actúa como canle esquerda e o outro como canle
dereita.
1. Restablecer valores de fábrica de ambos altofalantes
2. Ambos os altofalantes entran no modo de acoplamento Bluetooth (LED escintila
rapidamente).
3. Preme dúas veces no botón Bluetooth (4) dun dos altofalantes (principal) para iniciar o
acoplamento estéreo (LED escintila amodo)
4. Un sistema de son confirma o acoplamento correcto.
5. Acopla o altofalante principal ao teu dispositivo fonte.
Para desconectar un equipo de son, restablece os valores de fábrica dos altofalantes.
Move o interruptor (2) á posición "20" para activar o apagado automático. O altofalante
apagarase automaticamente pasados 20 minutos se non se reproduce música. Move o
interruptor (2) á posición "∞" para desactivar o apagado automático.
Mantén premido o botón de volume (5) durante 5 segundos. Reproducirase un son de
confirmación.
Como cambiar a música
Preme o botón de acendido (3) de novo para cambiar o que
está soando a unha canción recomendada.
Como reproducir música dunha fonte externa:
Conecta o dispositivo de audio portátil ao conector
de entrada (7) que hai no panel traseiro. O altofalante
detecta automaticamente a entrada externa e desactiva a
funcionalidade de Bluetooth. Utiliza un cable de audio de
3,5 mm e 3 polos para esta función.
Como utilizar o altofalante en toda a casa:
O altofalante VAPPEBY 20 é portátil. A batería ENEBY
véndese por separado.
• Para introducir a batería, abrir a tampa do
compartimento (6) e inserir a batería na posición
correcta.
• A batería carga dentro do produto, para iso hai que
conectar o cable principal e acender o altofalante.
• Cando a batería for baixa, comezará a escintilar unha
LED vermella no botón (5). A LED vermella non escintilará
durante a carga.
PRECAUCIÓN:
Existe o risco de estoupido no caso de utilizar unha batería
incorrecta.
Cambiar só por unha batería igual ou equivalente.

Publicidad

loading

Este manual también es adecuado para:

Vappeby 20 gen3E2036