Como utilizar a batería ENEBY (véndese por separado):
INFORMACIÓN IMPORTANTE
• É normal que a batería se quente durante o proceso de
carga, comezará a arrefriarse gradualmente ao finalizar
o proceso.
• O tempo de carga pode variar en función da carga
restante, a antigüidade da batería e a temperatura
ambiente.
• Temperatura de almacenaxe da batería: de -20 a 25 °C.
• Temperatura de funcionamento do cargador: de 0 a 45
°C.
• Desconecta a batería da toma de corrente antes de
limpala ou cando non a vaias utilizar.
• Non é aconsellable deixar a batería externa descargada
durante períodos de tempo prolongados.
• A batería non se debe cargar cando estea en contacto
con obxectos inflamables, como tecidos, etc.
• Esta batería só se pode utilizar con produtos IKEA.
ATENCIÓN
• Non modifiques, desmontes, abras, tires, fures nin
rompas o produto.
• Evita que a batería entre en contacto coa auga.
• Risco de lumes e queimaduras. Non abras, rompas nin
sometas o produto a máis de 60 °C.
• Non coloques a batería preto dunha fonte de calor e evita
que entre en contacto directo coa luz do sol.
• Mantén a batería afastada de dispositivos de alto voltaxe.
• O produto non é un xoguete e debe manterse afastado
do alcance dos nenos. Asegúrate de que todas as persoas
que utilicen este produto len e seguen estas instrucións.
• Non curtocircuítes a batería nin ningún compoñente.
• No caso de escapes de líquido da batería, non deixes que
este entre en contacto coa pel ou os ollos.
LIMPEZA
Limpa a unidade cun pano suave humedecido cun pouco
de deterxente suave. Sécaa cun pano seco.
AVISO!
Non uses nunca limpadores abrasivos ou disolventes
químicos, xa que isto podería danar o produto.
Mantemento
Non intentes reparar este produto pola túa conta, do
contrario, exposte a sufrir unha descarga eléctrica ou outro
dano.
DATOS TÉCNICOS
Tipo: ICBL14.4-36-A1
Capacidade: 2600mAh/37,4Wh
Entrada: CC 16,8V; 2,0A
Saída: CC 14,4V; 3,1A
Uso exclusivo en interiores
Batería de ión de litio recargable no interior.
Este dispositivo axústase á normativa UL STD.2054
29