Galego
Índice
Información sobre seguridade
Instrucións de seguridade
Descrición do produto
Antes do primeiro uso
Configuración básica e selección de programa
Opcións e axustes
Capacidade de carga do cesto e axustes
Carga de deterxente
Grazas por elixir este produto.
É un orgullo para nós ofrecerlle o produto ideal e a mellor gama completa de electrodomésticos para a súa rutina diaria.
Lea atentamente este manual para utilizar o electrodoméstico de forma segura e correcta e para acceder a
consellos prácticos para un mantemento axeitado.
Información sobre seguridade
Utilice o lavalouza unha vez que lera atentamente estas
instrucións. Recomendamos conservar este manual en bo estado
para futuras consultas.
Normas xerais de seguridade
Non se recomenda o uso deste produto con fins diferentes do
doméstico ou similar, por exemplo, con fins comerciais ou
profesionais.
O emprego do lavalouza con fins non recomendados pode
reducir a vida útil do electrodoméstico e invalidar a garantía do
fabricante. Todos os danos, avarías ou perdas ocasionados por
un uso diferente do doméstico ou similar (aínda que ese uso se
realice nunha contorna doméstica) non serán recoñecidos polo
fabricante na medida na que o permita a lei.
38
38
Consellos
42
Mantemento e limpeza
45
Diagnóstico de avarías
46
Ligazón á base de datos EPREL da UE
48
Aspectos ambientais
51
Garantía IKEA
57
61
63
64
66
69
69
70