Descargar Imprimir esta página

IKEA OSTVEDA 005.681.44 Manual De Instrucciones página 70

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

Galego
Garantía IKEA
Que prazo de validez ten a garantía de IKEA?
Esta garantía ten unha validez de 5 anos a partir da data
de compra a IKEA.
O recibo orixinal é necesario como proba de compra.
Calquera reparación efectuada no electrodoméstico
durante o período de garantía non implica a ampliación
do prazo desta para o aparato.
Quen se fará cargo do servizo?
O provedor de servizos IKEA farase cargo da reparación
do electrodoméstico, xa sexa por persoal de servizo
propio ou dun centro de servizo autorizado.
Que cubre a garantía?
A garantía cubre defectos no electrodoméstico causa-
dos por fallos de material ou de fabricación a partir da
data de compra a IKEA. Esta garantía só é válida para
aparatos de uso doméstico. As excepcións especifícanse
no apartado «Que non cubre esta garantía?» Durante o
período de garantía quedan cubertos os custos que
comporte a corrección do fallo, como: reparacións, pe-
zas, man de obra e desprazamento, sempre que para
acceder ao electrodoméstico non fora necesario inco-
rrer en gastos especiais.
Baixo estas condicións aplicaranse as directrices da UE
(Nº 1999/44/CE) e a lexislación vixente en cada país. As
pezas substituídas pasarán a ser propiedade de IKEA.
Que fará IKEA para solucionar o problema?
O provedor do servizo de asistencia designado por IKEA
examinará o produto e decidirá, á súa enteira discreción,
se está cuberto por esta garantía. Se é así, o provedor do
servizo de asistencia IKEA ou o seu socio de asistencia au-
torizado, mediante os seus centros de asistencia, decidirá,
á súa soa discreción, se repara o produto defectuoso ou o
substitúe por un produto igual ou equivalente.
Que non cubre esta garantía?
Desgaste e uso normal.
Dano intencionado ou dano por descoido; danos
causados pola inobservancia das instrucións de
uso; danos causados por unha montaxe incorrecta,
unha instalación incorrecta ou por unha conexión a
unha tensión eléctrica incorrecta; danos causados
por reacción química ou electroquímica; oxidación,
corrosión ou danos por auga, incluídos, entre
outros, danos por auga debido ao anormal alto
contido de cal na auga; danos causados por
condicións ambientais anormais.
Pezas desgastadas, incluídas baterías e lámpadas.
70
Pezas sen función ou con fin decorativo que non
inflúen no uso normal do electrodoméstico,
incluídos raspóns e posibles variacións da cor.
Danos accidentais causados por corpos estraños ou
substancias; danos causados asociados coa limpeza
ou depuración do filtro, sistema de sumidoiro ou o
dispensador de deterxente.
Danos nas seguintes pezas: vitrocerámica,
accesorios, os cestos superior e inferior, así como o
cesto para cubertos, o tubo de desaugadoiro e
alimentación, as xuntas, a iluminación e as súas
tapas, os indicadores, os botóns, os revestimentos,
as carcasas e as súas partes. Agás que o dano se
poida atribuír a un erro de produción.
Casos onde non se detectaron danos durante a
visita do instalador.
As reparacións non realizadas polo servizo de
mantemento elixido por nós ou por un socio de
servizo de mantemento; ou cando se utilizaran
pezas de reposto que non son pezas orixinais.
As reparacións ocasionadas por unha instalación
indebida ou non conforme ao prescrito.
Utilización do electrodoméstico noutro ámbito que
non sexa o fogar, é dicir, uso profesional.
Os danos de transporte: se un cliente transporta por
si mesmo o produto ao seu domicilio ou outro
enderezo, IKEA non será responsable de ningún dano
que poida ocorrer durante o transporte. Nos casos
nos que IKEA subministra o produto no enderezo de
entrega do cliente, IKEA cubrirá calquera dano no
produto que ocorra durante esa entrega.
Os custes da instalación inicial do seu
electrodoméstico de IKEA. Porén, se un provedor de
servizos de mantemento designado por IKEA ou un
socio de servizo de mantemento autorizado repara
ou substitúe o equipo de conformidade con estes
termos de garantía, o provedor do servizo de
mantemento seleccionado ou o socio de servizo de
mantemento autorizado poden reinstalar o equipo
ou instalar o equipo de substitución.
Esta restrición non se aplican ao traballo realizado por
un especialista que use pezas orixinais para adaptar o
electrodoméstico ás especificacións técnicas de
seguridade do outro país da UE.
Regulamentos legais nacionais
A garantía de IKEA outórgalle dereitos específicos que
cobren ou exceden os requisitos legais do seu país.
Porén, os dereitos do consumidor do país respectivo non
están de ningunha maneira limitados por estas condicións.

Publicidad

loading