26. Conserveu acuradament les instruccions durant tota la vida útil del producte per poder
consultar-les en cas necessari.
27. És possible que el sistema de retenció infantil no càpiga en tots els vehicles aprovats quan
s'utilitza en un rang d'alçada superior a 135 cm.
28. Algun daquests punts podria no aplicar al seu model concret de cadira.
GL
1. Non instalar a cadeira no sentido contrario ao da marcha en posicións de asento con airbags
frontais activos.
2. Esta cadeira ofrece protección en todas as posicións para as que foi deseñada.
3. Este é un sistema de retención infantil mellorado i-Size. Está aprobado consonte a normativa
europea ECE R129 para o seu uso en asentos compatibles i-Size, segundo o indicado polo
fabricante no manual de uso do vehículo. No caso de dúbida, consulte co fabricante ou co
distribuidor do sistema de retención infantil.
4. Este é un sistema de retención infantil mellorado i-Size de asento elevador con respaldo. Está
aprobado consonte a normativa europea ECE R129 para o seu uso en posicións de asento i-Size
principalmente, segundo o indicado polo fabricante no manual de uso do vehículo. No caso de
dúbida, consulte co fabricante ou co distribuidor do sistema de retención infantil.
5. IMPORTANTE: NON UTILIZAR NO SENTIDO DA MARCHA ANTES DE QUE O NENO TEÑA
MÁIS DE 15 MESES.
6. A funda do sistema de retención infantil mellorado non debe substituírse por outra que non
sexa a recomendada polo fabricante, xa que constitúe unha parte integral do desempeño da
suxeición.
7. É importante asegurarse de que calquera fita ou correa abdominal se leva en posición baixa,
de forma que a suxeición se produza na pelve.
8. Lea detidamente as instrucións porque unha instalación incorrecta podería causar danos
graves. Neste caso, o fabricante non terá ningún tipo de responsabilidade.
9. Este sistema de retención infantil foi aprobado consonte a normativa europea ECE R129, e
pode utilizarse na faixa de altura comprendida entre 40 e 150 cm.
10. Non utilice nunca a cadeira de seguridade sen a funda ou os protectores do arnés.
11. A colocación do neno na cadeira con roupa de abrigo pode reducir a eficacia do sistema de
retención.
12. Protexa a cadeira de seguridade infantil do contacto directo coa luz solar, xa que podería
quentarse e mancar o neno.
23
23